Leido en....- De Sol a Sol
«A formación profesional lánzate ao mundo laboral»
Esta melidense, que estudou no IES Laxeiro de Lalín, ten previsto presentarse ao premio nacional

Ana Seijas López amósase tranquila e sosegada a pesares de haber obtido este galardón: o Premio Extraordinario de FP, na rama de Administración e Finanzas, que outorga a Consellería de Educación.

-¿Moito horas de estudo para acadar un premio destas características?

-Bueno é lóxico. Hai que adicar horas ao estudo, pero é algo que me agrada.

-¿Con canta xente competía?

-Non sei con exactitude pero creo que eramos moitos. O concurso era a nivel de toda Galiza e cada instituto presentou aos mellores alumnos, aos que tiñan as notas máis relevantes.

-¿Cal foi a súa media?

-Un 9,6. Pero tiveron en conta outras cuestións; caso dos cursos que fixeras e outras titulacións que tiveras no teu haber.

-¿De que outras titulacións estamos a falar?

-Son técnico superior en riscos laborais e licenciada en filoloxía inglesa. Fixen algúns cursos e logo, como me gusta aprender, me matriculei no IES Laxeiro na rama de Administración e Finanzas. Gústame dende sempre o mundo da empresa e por iso me decantei por este ciclo. A formación profesional lánzate ao mundo laboral, é un camiño directo á hora de atopar emprego. Realizas as prácticas na empresa e se tes sorte incluso te podes quedar na mesma, que foi por certo o meu caso. Traballo na firma onde fixen as prácticas.

Publicado por La Voz de Galicia, el 9 de abril de 2006

Autor: Amelia Ferreiroa
  Boletín Laboral.
  

Suscríbase y reciba noticias,    jurisprudencia, convenios, etc

 
 
 
 
 
 
 
 

Atención al Visitante

 

Link

Optimizado IE 4.0 800X600

Ayuda Laboral a su servicio desde 1998

Aviso Legal

Diseño Orbyta Media Consultas Creación Web